Faustino Rey Romero


Categoría: Crego e escritor
Data de Nacemento: 27 de outubro de 1921 (†20 de decembro de 1971)
Lugar de Nacemento: Isorna - Rianxo (A Coruña)
 Currículum

Estudiou Latín e Humanidades no convento de Herbón e seguiu a carreira eclesiástica no Seminario en Ourense e Tui. En 1948 ordenouse de sacerdote e logo licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Salamanca. En 1966 trasladouse a Bos Aires. Foi membro da Real Academia Galega e da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga, entre outras institucións.

 Obras realizadas

Faustino Rey Romero escribiu fundamentalmente poesía. Destacan as súas obras: Florilegio poético (1949), Doas de vidro (1951), Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952), Escolanía de melros (1959), El ángel descielado (1961), A Agoa (1962), Poema das materias sagras (1963), La Angustia ensanchada (1964), Teoría General de la existencia (1968). Escribiu, ademais, os ensaios El trasmundo en la poesía de Noriega Varela e Una fiesta brillante de las letras gallegas: los Juegos Florales de Tui en 1891.