Universidade Pompeu Fabra (2012-2013). Máster en Estudios de Cinema e Audiovisual Contemporáneos.
Universidade de Santiago de Compostela (2008-2012). Licenciatura en Comunicación Audiovisual.
IES Xosé Neira Vilas (2002-2008). Bacharelato de Ciencias Sociais e ESO. Premio de Excelencia Académica 2008 da Xunta de Galicia.
Experiencia:
- los35milímetros.com (Outubro 2012-Actualidade). Colaborador. Crítica de cine, entrevistas, cobertura de festivais (In-Edit Beefeater, Atlántida Film Fest, Festival de Cinema D'Autor de Barcelona).
- Revista Tempos Novos (Outubro 2011-Actualidade). Membro do consello de redacción de Tempos Dixital. Crítica musical, entrevistas. Colaborador na versión en papel.
- Universidade de Santiago de Compostela (Outubro 2010-Xullo 2012). Bolseiro responsable da área de Fotografía na Facultade de Ciencias da Comunicación. Responsable de préstamos de material e laboratorio. Cobertura fotográfica de eventos e congresos realizados na Facultade.
- Santiago TV (xullo-setembro 2011) Prácticas oficiais. Funcións de cámara, edición, axudante de realización, sonidista, fotógrafo. Informativos e programas. Experiencia en directos e cobertura de axenda.
- MrMisto Films (xullo-setembro 2009) Prácticas non oficiais. Funcións de edición, subtitulado e montaxe de proxeccións ó aire libre.
- Organización de Somos a curta! I Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia, proxecto desenvolto para a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Redacción de bases, organización de gala.
- Organización de Festicurta, mostra de traballos audiovisuais de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC. Programación, organización de gala.
- Dirección e guión das curtametraxes Jorge mira (2012), O guión que habito (dirección compartida, 2012, participante en Notodofilmfest) e As relacións son difíciles (2011), así como do videoclip non oficial Crocanti (The Homens, 2010). Labores de iluminación, son, guión ou interpretación noutros traballos audiovisuais, incluíndo documentais, ficción e o spot Come san!, proxectado nas pantallas públicas do Concello de Santiago de Compostela.
- Membro dos grupos musicais Monstruo (2011-actualidade) e Sivaritas (2007-2010). Gravación de varios traballos. Formación en batería, percusión, harmonía e linguaxe musical na Escola Municipal de Música de Oleiros (2002-2008).
- Locución e guión no programa de radio Rock Lobster (2006-2007) en CUAC FM, radio universitaria da Universidade da Coruña.