José María Lugilde


Pseudónimo:Lugi
Categoría: Pintor
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Realizou estudios de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Fundación Bolaño Rivadeneira (Lugo) e na Escola de Arte "Peotec" de Sâo Paulo (Brasil)

 Obras realizadas

Realizou exposicións colectivas en Lugo (España) nos anos 1966, 1980, 1993, 1994, 1998 e 1999 e en Brasil en 1969, 1970, 1971, 1974 e 1976. Tamén realizou exposicións individuais en Brasil (1975, 1976, 1977), Lugo (1978, 1979, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1993), A Coruña (1980, 1994), Santiago (1980, 1985, 1987) Foz (1988, 1991), Madrid, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santander, Oviedo, Salamanca, Zamora, Ponferrada, Pontedeume, Monforte de Lemos, A Toxa, Vigo, Viveiro...

 Outros datos de interese

Entre os premios que conseguiu destacan: Medalla de Prata do Salâo de Artes G.M.E.C., Brasil (1968); medalla de Ouro do Salâo de Artes G.M.E.C., Brasil, (1970); medalla de Bronce do Salâo de Artes Plásticas Taubaté, Brasil, (1976), medalla de Honra ó mérito do I Salâo de Artes Plásticas de Itú, Brasil, (1976) e premio da pintura Bienal "Meigas e Trasgos", Sarria, (1980). Nos anos 1990 e 1991 recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia e en 1992 participou como xurado na Bienal "Meigas e Trasgos" en Sarria. Foi invitado especial na poxa de Arte Beneficente Brasil-Estados Unidos, iniciador da Praza da Cultura en Sâo José, membro do concurso Sur Brasileño de Aplicación Escolar, realizou dúas mostras de arte nos canais 13 e 11 da Televisión de Sâo Paulo, é membro da Asociación de Artistas Plásticos da Unesco, ten obras en varios museos e coleccións particulares en Francia, México, Brasil, España, Arxentina e EUA.