Antonio Montero Carro


Data de Nacemento: 7 de marzo de 1948
Lugar de Nacemento: San Salvador de Cecebre - Cambre (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Titulouse en Enxeñería Técnica Industrial en Vigo en 1969.

EXPERIENCIA LABORAL
2007- xaneiro: Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra.
1998- decembro 2006: Xerente do Consello da Cultura Galega, como cargo de alta dirección con nomeamento no DOG. Responsabilidades de xestión económica, xestión de persoal e xestión ordinaria das actividades do Consello. Nesta etapa foron presidentes do Consello da Cultura Galega: D. Carlos Casares, D. Alfonso Zulueta de Haz e D. Ramón Villares, conseguindo a dinamización da institución, unha xestión eficaz e obxectivos de grande transcendencia cultural para Galicia. Así, puxéronse en marcha proxectos como o da dixitalización da obra completa do Padre Sarmiento; a recuperación das Cantigas de Santa María; a recuperación de arquivos e de fondos sonoros, de imaxe e da palabra; a preparación da documentación para a Candidatura Galego-portuguesa ao Patrimonio Inmaterial da UNESCO; exposicións itinerantes que viaxaron por España e por o mundo enteiro como Galicia América, Galicia Australia, o Padre Sarmiento, Os Segadores ou a do Padre Rosendo Salvado; outra actividade importante son as publicacións do Consello onde anualmente se chegarón a editar ata 42 títulos. Nesas etapas nas que se afrontou a modernización tecnolóxica do Consello coa introducción do Portal Culturagalega.org, desde onde se achegan novas sobre o noso mundo cultural dun xeito moderno e atractivo para a xuventude, onde entran diariamente máis de 13.000 persoas e serve de soporte informativo e de xeración de novas para moitos medios e profesionais do ensino e estudiantes. Así, o portal é referencia para o sector audiovisual, para a Banda Deseñada, para a distribución das publicacións en pdf, sistema co que se logra acadar baixadas superiores aos 35.000 exemplares, técnica que está a ser empregada para a literatura e para o mundo da música. Á súa chegada ó Consello, só se dispoñía de tres traballadores en plantilla e actualmente ten 30 profesionais e 17 bolseiros, tendo ao seu dispor un capital intelectual engadido de 300 expertos en diferentes áreas que están a traballar indirectamente para a institución desde diferentes lugares de Galicia, o que promove un entramado cultural de primeiro nivel.
1988 a 1998. Traballou como Director de Operacións e investigación do grupo de laboratorios Zeltia, S.A. De esta etapa xurdiron proxectos como o de Pharma Mar, Pharmegen, Promax, Zeldes, Inmozel, empresas que se crearon para expansión do grupo industrial galego.
1970 a 1988. Traballou como Técnico de Produción, Control de Calidade e Investigación dos Laboratorios Cooper Zeltia S.A. En 1979 foi enviado a Xapón en misión técnica a traballar para os Laboratorios Kyoritsu Shoji na fabricación dunha vacina producida en cultivos celulares de fibroblastos de embrión de polo. En 1982, despois de lograr a nova vacuna antirrábica en cultivos de células BHK, froito da investigación feita por el en Porriño e polo AVRI (Animal Virus Research Institute) do Reino Unido, foi comisionado pola multinacional Wellcome Laboratorios para entrenar no proceso de fabricación aos técnicos dos laboratorios alemas de Wellcome en Hannover. Este mesmo ano acada a responsabilidade da Dirección de Produción de Farmacolóxicos, Biolóxicos e Químicos Industriais-Insecticidas e Rodenticidas, contando cun cadro de persoal de 150 traballadores e 24 técnicos ao seu cargo.
1969. Profesor de laboratorio Químico na Escola de Mestría Industrial de Vigo ao rematar a carreira de Enxeñeiro Técnico Industrial na especialidad de Control de Procesos Químicos e Química Industrial. Ao rematar a carreira traballa co Profesor Armando Priegue na montaxe e instalación do que sería o Centro de Investigación Metalurxica de Vigo coñecido como AIMEN. Inicia o seu traballo como bolseiro do grupo Zeltia na empresa do grupo Cooper Zeltia e na división de Bioloxicos, sección de Cultivos Celulares.

 Obras realizadas

OUTRAS ACTIVIDADES DE CARÁCTER SOCIOCULTURAL:
2006. Foi encargado pola familia Isla Couto para por en marcha a Fundación Isla Couto, fundación de carácter familiar creada polos irmáns Isla Couto e que aporta o seu patrimonio á sociedade civil co legado histórico e bibliográfico da familia e os fondos patrimoniais para estudios comunitarios e desenvolvemento da sociedade e do mundo cristiano.
2000. Grazas á súa boa xestión e oficio, consegue que a casa do escritor Wenceslao Fernández Flórez, coñecida como Villa Florentina, fose adquirida pola Deputación da Coruña na cantidade de 70 millóns de pesetas coa finalidade de establecer na mesma a Fundación Wenceslao Fernández Flórez, como centro de investigación e documentación sobre o escritor e a obra. Encargado polo Padroado para a musealización e para a xestión ordinaria da Fundación, corre ao seu cargo desde a contratación de servizos ata a adquisición de fondos, a dirección técnica e programación de 52 actos de fin de semana, cun gran impacto nos medios de comunicación e creación da web da Fundación. Actualmente logra a consideración dunha das Casas Museo mellor xestionadas e como espacio cultural vivo exemplo para as casas museo de escritores de España.
1998. Creación da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, constitución en 1999 do Padroado do que forma parte dos fundadores como secretario e director, sendo presidente Xaime Isla Couto, vicepresidente Avelino Pousa Antelo e vogais Francisco Fernández del Riego, Alfonso Zulueta de Haz, e Carlos Casares Mouriño.
1988. Funda o grupo de acción e presión social “Proxecta un novo Teis”, acadando logros importantes para o equipamento do Barrio de Teis en Vigo (Centro Sociocultural de Teis, Club de Remo e Club Ciclista de Teis). Formou parte da loita contra a implantación da empacadora a ceo aberto no Barrio de Teis, logrando frear o proceso e obrigando ao concello e redefinir o proxecto e aplicar un sistema limpo e encapsulado.