Mercedes Pico García


Lugar de Nacemento: Monfero (A Coruña)
 Currículum

Desde nena vive na Gándara (Narón).
Fixo estudos de Delineación na Escola de Mestría en Ferrol, e sempre lle gustou a pintura.

 Obras realizadas

Hai uns anos fixo uns cursos de cerámica na Escola Municipal de Ferrol, dirixida polo mestre Francisco Pérez Porto, de modelaxe e de pintura cerámica de moldes. Ao final decantouse pola pintura cerámica, que é o que máis lle gusta, e seguiu traballando na casa  e experimentando coas cores. O seu traballo está baseado na natureza, reflectindo as bonitas paisaxes de Monfero, coma unha necesidade de pintalas pola admiración que sente por esa terra.
Fixo a súa primeira exposición en Lorient na Bretaña francesa no Festival Intercéltico de Arte. No mes de setembro expuxo na prestixiosa galería de Sargadelos de Ferrol. Neste momento, o seu traballo está exposto na Casa de Cultura de Fene.