Estudiou na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Foi un dos pioneiros da vangarda dos 50 como amosou na Primeira Bienal Latinoamericana en 1951. Realizou moitas exposicións individuais ó longo da súa vida. En 1864, foi o director artístico do pavillón español na Feira Mundial de Nova Iorque.
Manuel Mampaso desenvolveu unha importante actividade como escenógrafo e figurista. No que respecta ó teatro, foi o responsable da escenografía e vestiario de moitas obras importantes como La mordaza de Alfonso Sastre, La camisa de Lauro Olmo, Proceso de Jesús de Ugo Betti e Romance de lobos e Águila de Blasón de Valle-Inclán. Realizou os bocexos da ópera Bodas de sangre, representada por primeira vez no Teatro Colón de Bos Aires en 1965 e as montaxes escénicas das obras: El rinoceronte, El Tío Vania, La Celestina, El concierto de San Ovidio, Así es si así os parece, Los bajos fondos, Misericordia e Medea.
En 1987, houbo unha mostra antolóxica no Museo de Arte de Houston coas súas pinturas e debuxos, así como decorados e figuríns teatrais e cinematográficos.