Fran Lareo


Categoría: Escultor autodidacta
Data de Nacemento: En 1966
Lugar de Nacemento: Brión (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura

Linkedin

Web
 Currículum

Remata os seus estudos de básica e media en Santiago de Compostela.
Dende o ano 1998 realiza esculturas en madeira e outros materiais.
Participa en varias exposicións colectivas e diversos concursos.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2005: ‘Mundo pequeno’. Sala de exposicións do Centro Comarcal DEZA (Expodeza). Parque empresarial LALIN 2000.
2006: ‘Ideas en pequeno', Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Santiago de Compostela); ‘Ideas en pequeno’ (exposición itinerante), Centro Sociocultural A Trisca, Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre, Centro Sociocultural Fontiñas, Centro Sociocultural José Saramago, Centro Sociocultural A Rocha e Centro Recreativo cultural “Los Tilos”, Concello de Teo.
2007: Casa da Cultura (Boiro); pequena escultura homenaxe ó ex director da Banda de Música de Santiago de Compostela, Santos Bartolomé; Centro Comarcal Tabeirós Terra de Montes (A Estrada - Pontevedra); Encontro Luso-Galaico de Artistas Plásticos (Porto do Son) e Unión Protectora de Artesáns (Santiago de Compostela).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-2007: Centro Social (Padrón).

CON AGAEC (ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTE E CULTURA):
-2006: Biblioteca Irmáns Camba (Vilanova de Arousa), Gran Hotel (Santiago de Compostela), Parador Santo Estebo Ribas de Sil (Ourense), Casa da Cultura Bertamiráns (Ames), Casa Cultura (Serra de Outes), Auditorio (Caldas de Reis), Confederación de empresarios do polígono do Tambre (Santiago de Compostela) e Colectiva na Fundación Granell (Santiago de Compostela).
-2007: Gran Hotel (Santiago de Compostela) e Centro Comarcal Exposalnés (Cambados).

 Outros datos de interese

Parte da súa obra atópase na Casa do Concello de Porto do Son, na Fundación Casa Museo "A Solaina" de Vila de Cruces (Pontevedra) e na Unión Protectora de Artesáns (Santiago de Compostela).