María Isaura Vázquez


Pseudónimo:Maruxa Villanueva
Data de Nacemento: 6 de Maio de 1906
Lugar de Nacemento: A Barrela, Carballedo (Lugo)
 Currículum

María Isaura Vázquez foi unha das máximas figuras do teatro galego en América. Emigrou a Arxentina en 1926 en busca dun irmán, e chegou a ter un programa de música galega na televisión arxentina, patrocinado por unha casa de moda francesa. Despois dunha estadía de 20 anos en Arxentina, regresou a Galicia e en 1971 comezou a traballar como encargada da Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.