Antonio Yáñez Casal


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1959
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros: “Don Cosme e o telegrama amarelo”, Col. O Trolebús, Editorial Casals, Barcelona, 2004; “Crisóstomo o alifáfaro”, Col. Árbore, Editorial Galaxia, Vigo, 2006; “Natasha e Dimitri", Col. Merlín, Edicións Xerais, Vigo, 2006; “Lóbez”, Col. Meiga Moira, Baía Edicións, A Coruña, 2006, e “Viaxe a Libunca”, Col. Costa Oeste, Editorial Galaxia, Vigo, 2007.

 Outros datos de interese

Conseguiu o II Premio “Meiga Moira” de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado por Baía Edicións (2006), e o VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Raíña Lupa”, convocado pola Deputación Provincial da Coruña (2006), certame do que foi finalista na 3ª e na 5ª edición (2000 e 2004). Foi tamén finalista do XX Premio “Merlín” de Literatura Infantil e Xuvenil, de Edicións Xerais (2005). Con “Octavius Augustus” conseguiu o II Premio “Abrente” para Textos Teatrais, convocado polo Concello de Ribadavia (2007).