Rafa Vilar


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 2 de abril de 1968
Lugar de Nacemento: Cee (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Vinculado ao asociacionismo cultural de base, foi un dos promotores do Batallón Literario da Costa da Morte e mais da colección de poesía Letras de Cal. Tamén participou na creación da editora dixital Retagarda Edicións. Forma parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

 Obras realizadas

Como poeta, publicou unha ducia de libros. Entre outros: A sotavento dunha singradura (1995); casa ou sombra (1997, premio Cómaros Verdes); días de sherazade (2000, premio concello de Carral); Escoración dos días (2007, premio Eusebio Lorenzo Baleirón); Migracións (2008, premio Cidade de Ourense); Erosións (2017, premio Victoriano Taibo); A cidade e a chuvia (2019, premio Selic Compostela).

Así mesmo, como autor de poesía infantil publicou os libros Acuarelas (2009); Patente de corso (2012, premio Arume de poesía para nenos/as) e Animalario estrafalario (2013).