María Dolores Seijas Soto


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: En 1949
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Naceu en Lugo e sempre viviu nesta cidade. Casada e con dous fillos ten cinco netos. A súa vida profesional transcurriu como funcionaria da Deputación Provincial de Lugo. Sempre quixo escribir e a fascinación pola figura e personalidade do seu avó, Luis Soto Menor, que morreu cando ela tiña dezaséis anos, levouna a plasmar a súa primeira novela, El maestro de Zaín, co anhelo de rescatar a súa memoria. A novela que saíu á luz en 2009 tivo unha ampla difusión e contou con numerosas presentacións públicas, ampla edición de exemplares e repercusión en medios de comunicación.

Por motivos familiares viaxou repetidas veces a Polonia, país que a engaiolou primeiro pola súa natureza e despois pola súa historia o que a levou a escribir Réquiem. Esta novela foi presentada no Instituto Polaco de Cultura en Madrid o 28 de novembro de 2017.

Muller de grande sensibilidade e fortaleza, gusta da natureza e disfrutar da música clásica.