É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Foi profesor de Dereito Administrativo durante un ano. É letrado co Consello de Estado desde 1959.
Foi Subsecretario da Presidencia e do Ministerio da Gobernación, Vicepresidente da Xunta de Galicia, Presidente da Deputación da Coruña, Conselleiro de Agricultura, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e Ministro de Sanidade e Consumo. Actualmente é presidente da Comisión de Xustiza e Interior do Congreso dos Deputados. Publicou diversos traballos relacionados coa Administración Xeral, o Urbanismo e a Sanidade.