Daniel nace no seo dunha familia labrega e gandeira.
É graduado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Estudou un máster de conservación, restauración e xestión da biodiversidade na Universidade de Granada (UGR) e outro en profesorado na USC.
En 2016 foi premiado no "XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores" por Resoar de amor e morte.
En 2017 foi premiado no "XXIV Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre" por Relento da consigna. Nese mesmo ano publicou Cristal de bágoas, premio de poesía "O Facho" outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome.
Actualmente, dirixe o clube de lectura da Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta e participa en numerosos recitais ou encontros poéticos.
Por outro lado, tamén está a realizar a tese doutoral na USC; en xeral, estuda como afrontan o cambio climático as carballeiras do noroeste peninsular.