Estivo casada catro veces. O seu primeiro marido, Juan de Rois, foi labrador e despois carniceiro. O seu segundo marido, tamén carniceiro, morreu en 1589 no asalto ós ingleses. Neste mesmo ano casou por terceira vez con Sancho de Arratia, capitán de infantería. En 1599 casou novamente con Gil de Figueroa, escudeiro da Real Audiencia.
A importancia de María Pita radica na súa gran achega na contenda que tivo lugar cara ó ano 1589 entre as tropas do monarca Felipe II e a Armada Inglesa capitaneada polo Almirante Drake.