José Manuel Blanco Prado


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 14 de abril de 1950
Lugar de Nacemento: A Coruña

Opinión
 Currículum

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Filosofía no I.E.S. "Xoán Montes" de Lugo. Participa con comunicacións nalgúns congresos e simposios de etnografía e antropoloxía. Colabora en temas ligados coa antropoloxía, etnografía e historia nunha serie de boletíns e revistas culturais: Anuario Brigantino, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Caderno de Estudios Chairegos, Croa, Estudios Mindonienses, Etnografía, Lucensia, Lucus, Pena do Encanto, etc... Traballa con Fernando Arribas e Mario Saavedra no proxecto "Carboeira", que ten como finalidade o inventario e catalogación dos cruceiros da Terra Chá (Lugo). Con este grupo intervíu nos oito roteiros, que se levaron a cabo sobre os Cruceiros da Terra Chá.

 Obras realizadas

É autor das seguintes obras: As Romaxes da Terra Chá (1982), Religiosidad popular en el municipio de Begonte (1991), e Exvotos e rituais nos santuarios lucenses (1996), publicadas pola Deputación de Lugo. Tamén Santuarios da Terra Chá (2019), publicado polo I.E.S. CHA (Instituto de Estudos Chairegos).

É coautor de: Begonte, pasado e presente (1987) (Alvarellos), Cruceiros e cruces do municipio de Begonte (Deputación de Lugo) (1988), Catálogo de Cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei (1998), Guitiriz (1999), Begonte, Cospeito e Rábade (2000), A Pastoriza (2002), Xermade (2004), Abadín (2007), publicados por Ed. do Castro, e Muras (2009) e Vilalba (2011) publicados polo I.E.S. CHA. Tamén foi coautor con outros etnógrafos galegos da obra en tres tomos Tempos de Festa en Galicia (Fundación Caixa Galicia). Ademais levou a cabo tres exposicións sobre "O Entroido na provincia de Lugo" no Mesón do Forno, no Museo Provincial de Lugo, na Aula de Cultura de Riotorto, e no IES Basanta Silva, de Vilalba. A maioría dos seus artigos, relacionados coa relixiosidade popular na provincia de Lugo, Entroido Lucense, Cruceitos tamén lucenses, etc... están dixitalizados nas seguintes webs: www.galiciadigital.com ,  Galicia Encantada; e tamén na AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).

 Outros datos de interese

Acadou as seguintes distincións: IX Certame Literario da Terra Chá (1972). Premio de periodismo "Manuel Mato Vizoso" nos anos 1982 e 1984. Premio "Cal da Loba" no ano 1999. Foi nomeado "Milagrosista 1997".