Iniciou os seus estudios en talla de madeira, modelado, debuxo e pintura no colexio de xordos de Santiago de Compostela baixo a man dos grandes mestres Acuña e Bonome. En 1975 ingresou na Escola de Artes Aplicadas "Ramón Falcón" de Lugo obtendo a cualificación de sobresaliente na certificación académica persoal. A partir daquel momento presentouse a numerosos concursos conseguindo grandes premios de recoñecido prestixio e expoñendo a súa obra por toda Galicia.
No ano 2003 realizou as seguintes exposicións: Museo Provincial (Lugo), Círculo das Artes (Lugo), Casino de Navia de Suarna, Centro Cívico de Burela (Lugo), Casa da Cultura de Burela (Lugo) e Feira de Artesanía Galaicosur.
Entre os premios que conseguíu destaca o do Concello de San Feliu de Llobregat e o 1º premio da Exposición de Pintura de Mondoñedo.