Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Máster en Dirección de Recursos Humanos, en Dereito Contencioso-Administrativo e en Dereito Ambiental.
Funcionario do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia desde 1993.
Deputado autonómico desde 2001. Na VII lexislatura (2005-2009) foi vicesecretario da Mesa do Parlamento e ponente da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e do Regulamento do Parlamento.
Concelleiro en Esgos (2003-2009).
Coordinador orgánico, membro do comité de dirección, do comité executivo e da xunta directiva provincial do PP de Ourense e membro da xunta directiva do PP de Galicia.
En febreiro de 2012 é elixido presidente da Deputación Provincial de Ourense.