É asesor laboral, diplomado en Relacións Laborais, experto en Dereito Laboral e diplomado en Aptitude Pedagóxica polo Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou másters en Dirección e Administración de Empresas (Universidade da Coruña), Marketing e Dirección Comercial e en Asesoría Xurídica en Medio Ambiente. É diplomado en Técnicas de Negociación (Times Management International) e en Bolsa e Xestión de Carteiras (University College of Dublin e Bolsa de Madrid). Realizou cursos sobre "Business Management" (Hull University, Inglaterra). Foi asesor laboral nun gabinete xurídico, participou na implantación de empresas estranxeiras en España e asesorou en materia de inversión a diversas empresas. Foi asesor en materia educativa de "Richard Organisation", representante para España de "Richard Language College" e representante para España do Hotel "Career Centre".
Colaborou en diversos medios de comunicación, asistiu a máis de 200 cursos seminarios, xornadas, encontros e conferencias, desenvolveu traballos sobre a dirección cultural e liderado na empresa, realizou un proxecto sobre un diagnóstico ambiental e participou en sindicatos estudiantís e asociacións veciñais. Foi presidente das xuventudes de AP (agora PP), candidato a alcalde en tres ocasións, presidente rexional do PADE, candidato ó Parlamento Europeo e secretario provincial do CDS.
É un gran coñecedor doutras culturas. Na actualidade participa en diversas actividades de axuda á sociedade civil, tales como a doazón de órganos, axuda ó Fogar Sor Eusebia, doazón de sangue, roupa ó refuxio, cociña económica,... Fala inglés, italiano e galego. En 1997 ingresou no "Club de Leones La Coruña-Marineda". É membro do "Lions Club International, onde ocupou os cargos de tesoureiro (1998), vicepresidente (1999) e agora o de presidente. É membro da "Orden de Cabaleiros de María Pita".