Publica o seu primeiro artigo sobre cine aos quince anos, na desaparecida revista “Cinema 2002”, da que chegaría a ser asesor de técnica cinematográfica. Mentres compaxina os seus estudos de Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona coa Xefatura de Actividades do Colexio Maior Sant Jordi e a asesoría técnica de “Cinema 2002”, entra en contacto con coleccionistas cinematográficos cataláns, a principio dos oitenta, e senta as bases dunha colección de películas en soportes cinematográficos profesionais de 16 e 35 mm que hoxe en día é considerada como a máis ampla de Europa en cartoons (curtas de debuxos animados), con varios miles de referencias.
Posgrao de Experto Universitario en Guión de Cine e Posgrao de Experto Universitario en Dirección de Cine, ambos pola Universidade Camilo José Cela. Numerario da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (especialidade animación). Membro da directiva do Clúster Audiovisual de Galicia.
Funda IB Cinema, domiciliada nunha nave en propiedade de setecentos metros cadrados, para cubrir todos os ámbitos do sector cinematográfico: produción, distribución, exhibición e restauración cinematográfica. Como distribuidor, Ignacio Benedeti é o responsable da maior promoción do cine galego xamais realizada, coa distribución de máis de douscentos mil DVDs de películas galegas e en galego a través de “La voz de Galicia”, coas coleccións Galicia de cine e Gallaecia Cinema. Ignacio Benedeti foi tamén o responsable dos programas Cinema de Noite (para a Consellería de Cultura) e Noite de Cine (para a Deputación coruñesa), con decenas de miles de espectadores cada verán para o cine galego en 35 mm, desenvolvidos con campañas educativas centradas cada tempada nun tema.
Como produtor, conta con cinco longametraxes para cine (“La casa de mi abuela”, “El regalo de Silvia”, “Linko”, “Mercados de futuro” e “Estigmas”), tres longametraxes para televisión (“Sara”, “Delta” e “Sincopado”) e un gran número de curtametraxes, entre os que destaca “Minotauromaquia: Pablo en el laberinto”, dirixido por Juan Pablo Etcheverry ou “The werepig: o güerepork”, dirixido por SAM. As súas producións estiveron tres veces nomeadas ao Goya, dous aos premios da Academia Europea do Cine e ganaron centos de galardóns nacionais e internacionais.
É o responsable da restauración do material cinematográfico de Leni Riefensthal, cuxa edición en DVD foi cualificada como a mellor a nivel mundial.
Como autor cinematográfico, publicou “Amando de Ossorio: un galego fantástico”, volume sobre o director galego publicado pola Universidade da Coruña, ademais de múltiples artigos cinematográficos aparecidos en distintos medios, desde “Le monde diplomatique” ata “ABC” ou “La voz de Galicia”. Os seus artigos sobre técnica cinematográfica foron publicados en inglés, por “The Big Reel” (EEUU), “Small Format” (Alemaña) e “International Movie Making” (Inglaterra) –pódense consultar na web de www.ibcinema.com A mediados dos noventa, puxo en marcha, para o concello coruñés, a Filmoteca do Fórum Metropolitano, da que sería programador durante anos. Desenvolveu ciclos temáticos para distintas institucións nacionais e, en Galicia, para o CGAC, Caixa Galicia, Fundación Barrié e o CGAI.
FILMOGRAFÍA:
-Linko (2013)
-Brezhnev, mon amour (2013)
-Aquel miércoles, poco antes de las nueve (2013)
-Vigilia Pascual en La Coruña (2012)
-D. Manuel que estás en el cielo (2012)
-Con te partirò: rotta verso la terra del ghiaccio (2012)
-Contra a morte (2012)
-Donde vaga Leslie Howard: San Andrés de Teixido (2012)
-Don Bosco, Patrón del cine, en La Coruña (2012)
-Mercado de futuros (2011)
-Crepúsculos otoñales coruñeses (2011)
-Semana Santa Coruñesa de 2011 (2011)
-¿De qué se ríen las hienas? (2011)
-Toñito Blanco (2010)
-Vicenta (2010)
-Ramón (2011)
-Noite de Cine 2010 (2010)
-2010: La Coruña en cine Kodachrome (2010)
-Estigmas (2009)
-Grazas (2009)
-Desasosego (2009)
-A miña vida nas túas mans (2009)
-A illa de Chelo (2009)
-The werpig (O Güerepork) (2008)
-Dentro de cada un de nós (2007)
-Historia do A Nosa Terra (2007)
-Pic-Nic (2007)
-As Encrobas. A ceo aberto (2007)
-Nenos que nunca existiron (2007)
-Pensando en Soledad (2006)
-J.E.D.N. José Ernesto Díaz-Noriega (2006)
-Mártires (2005)
-Máxima pena (2005)
-Unha viaxe rodada (2005)
-Acceso libre (2005)
-Mellor viaxar (2005)
-La casa de mi abuela (2005)
-Minotauromaquia: Pablo en el laberinto (2004)
-Sincopado (2003)
-Delta (2003)
-O agasallo de Silvia (2003)
-Sara (2002)
-Víspera de examen (1983)
-Universita... ¿qué? (1981).