Antonio Cartelle Roca


Categoría: Pintor
Lugar de Nacemento: Mugardos
 Currículum

Pintor autodidacta.
Comezou moi novo na súa afección pola pintura.
No ano 2005 decide facelo de xeito máis técnico, poñéndose nas mans do pintor Xesús Balado Paz. Alí comeza aprendendo debuxo, técnicas de cera e óleo.
Aínda en fase de aprendizaxe, fai a súa primeira exposición no centro cultural de San Mamed (Laraxe) en 2006.
En 2007 deixa as clases e comeza a pintar de xeito continuado, creando o seu propio estilo, influenciado polas obras dos grandes pintores como Tintoretto, Ticiano, Jacques Louis David, Poussin, Le Nain, Rafael, El Greco… estudando as súas pinturas e estilos e tratando de aproximarse, xa que é algo que leva no seu interior. A arte da pintura é para el unha gran paixón que o leva a facer diversas exposicións con bastante éxito.

 Obras realizadas

ALGUNHAS EXPOSICIÓNS:
2007. Hotel restaurante Orilla mar (Espesante); Pazo de Rilo (Mugardos); Casa da Cultura (Pontedeume); Obra seleccionada no concurso Manuel Rebon CIRS, Cervás (Ares); Mercado Vello (As Pontes); Claustro de Ortigueira; Centro Social da Rúa (Miño).
2008. Edificio O Liceo (Betanzos); Oficina de Turismo (Cedeira); Obra seleccionada no XVIII Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos); Centro Social da Rúa (Miño); Baixos do Concello (Pontedeume); Obra seleccionada no 2º Concurso Manuel Rebon CIRS (Cervas, Ares); Real Coro de Toxos e Froles (Ferrol) e no Claustro de Ortigueira.

Todas estas exposicións espertaron grande admiración e interese entre os visitantes. Varios medios de comunicación, escrita e audiovisual, interesáronse polas súas obras e creacións, sendo entrevistado por La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, La Opinión de A Coruña, Localia TV, Canal 31, Televisión Local de As Pontes, TVG de Galicia, Onda Local, COPE, entre outros medios de comunicación.

 Outros datos de interese

Nun futuro próximo ten concertadas varias entrevistas con distintas televisións, radios e xornais, xa que o interese pola súa pintura é cada vez maior.