José Luís Méndez Romeu


Categoría: Pedagogo e político
Data de Nacemento: 24 de xullo de 1951
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Licenciado en Pedagoxía, estivo vinculado politicamente ó sector encabezado polo alcalde da Coruña e foi un dos concelleiros do equipo de Paco Vázquez, que lle encomendou as tarefas de Cultura na cidade herculina. Foi presidente da Orquestra Sinfónica de Galicia (1994-2004), concelleiro de Educación e Cultura (1987-2003) e de Urbanismo e Vivenda no concello da Coruña (2003-2004), secretario de Estado de Cooperación Territorial (2004-2005) e conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia (2005-2009).