Lois é mestre do ensino público, contador de historias, poeta e escritor.
No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval.
No eido da literatura xuvenil:
Con A gruta da torre (Xerais, 2022), gañou o V Premio Agustín Fernández Paz 2021 de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.
Gañou o Premio Raíña Lupa 2022 de literatura xuvenil pola novela A tribo do mar (Xerais, novembro de 2023).
Gañou o Premio María Victoria Moreno 2023 de literatura xuvenil pola novela Cartas na escuridade (Cuarto de Inverno, marzo de 2024).
Como poeta, publicou «LP» (2013) e «Long Play» (Xerais,2017), e gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por «Blues do rei Bergman=B.B. King» e xunto á fotógrafa Alba Díaz publicou este ano Lugo Philadelphia (Xerais, 2023), libro de poesía e fotografía.
Fai parte do Comité de Redacción da Revista Luzes, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.
Como guionista e narrador, participou en Acorda, cartografía musical da represión fascista na provincia de Pontevedra, dirixido por Uxía e que contou coa participación de Tanxugueiras, Ugía Pedreira e outras/os artistas do país.
É director artístico do ciclo de poesía, música e artes plásticas «Versos na barraca», que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Lugo.
Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas.
Fai parte do grupo poético Lupercais e do Colectivo Maiakovski.