Isaac Ángel Otero Rodríguez


Pseudónimo: Isaac Otero
Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 16 de xaneiro de 1949
Lugar de Nacemento: Vigo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras (Universidade de Santiago de Compostela) coa tese "La poesía de José Hierro" (1972). Fixo o doutoramento coa cualificación de sobresaliente cum laude. Foi xefe de Estudios de Universidades da 3ª Idade da Xunta de Galicia. Está en excedencia na Consellería de Cultura. Foi profesor numerario de Lingua e Literatura Española. Colaborou nos xornais "El Pueblo Gallego" de Vigo, "Atlántico Diario" de Vigo, "Galicia en el Mundo", semanario internacional, e nas revistas "Peñalabra" de Santander e "Cuadernos Hispanoamericanos" de Madrid. Colaborou tamén en "Radio España".

 Obras realizadas

É autor das seguintes obras: 'O Sorriso de Gardel', 'Hugo en la agonía', 'Perfumado resplandor', 'Vuelo Sonoro', 'Oración do náufrago', 'Pétalos y lágrimas bajo los búcaros de la memoria', 'Marisma pacífica', 'Nefelíbata en primavera', 'Reloxo de Sol', 'El Elegido', 'Atriles', 'A Luz do Tempo', 'Post Scriptum', 'Simona en el círculo mágico', 'El bosque de Diana', 'El Cóndor de los Andes', 'Poemas para una aguja en mitad de la noche', 'Mi hermano Casto Méndez Núñez', 'El Cancerbero de bronce', 'Teorema de Argentina', 'Ensueño de los espejos', 'A la Memoria de un Ángel', 'Nadador Sonámbulo', 'Diálogo de cúpulas y arenas', 'Almas en deslumbre', 'La Paloma de Kant', 'Árbol de Selene', 'El regalo de Perseo', 'Diagonal luminosa', 'La cortina azul', 'Canto, libertad y vuelo del pájaro y el ángel' (Dibujopoemas), 'Armonía Violeta', 'Nupcias de las palabras', 'Peregrino de sueño y niebla', 'La Rosa de Susana', 'El niño del agua', 'Pensamiento azul, pensamiento naranja', 'Estelas azules sobre el Plata', 'Mística Mandorla', 'Una noche o un azar', 'Sonámbulas flautas' e 'Englantina de poesía'.

Tamén colaborou nos libros: 'Presencia de Rosalía' (1975), 'La pintura de José Solla' (1993) e 'Solla. Serie Románica' (1999).

 Outros datos de interese

Cultiva a ilustración, o debuxo e a pintura, expoñendo con asiduidade. Foi galardoado pola Embaixada da República Arxentina en Madrid, recorreu distintos países de América vinculados ó Xeneral José de San Martín. Durante tres anos consecutivos, a partir de 1987, o Liceo-Casino de Marín convocou o premio "Isaac Otero" de poesía. Deu recitais poéticos, conferencias e pregóns. Conseguiu os seguintes premios: "Quiñones de León" (Vigo), Universidade de Santiago, Cidade de Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra, Julio Camba, Antonio Palacios, Eduardo Blanco Amor, Nacional Quinto Centenario-Baiona, Casa de Galicia-Bilbao, Centro Gallego de Barakaldo e "Casa de Galicia-León". É membro de número do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, membro correspondente da Academia Sanmartiniana, da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina e do Instituto Nacional de Historia "Urquiza" de Bos Aires.