Realizou estudos primarios na escola rural de Vilaquinte, o Bacharelato no Seminario de Ourense(67-73), o COU no Instituto Masculino de Ourense (73-74), e a Licenciatura de Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago (74-79 segunda promoción).
É profesor de Lingua e Literatura Galega desde o curso 79-80, os dous primeiros anos como interino, a partir do 81 como profesor agregado de instituto despois de aprobar as primeiras oposicións de Lingua e Literatura Galega convocadas, e desde 2008 como catedrático.
Tamén foi concelleiro en Redondela durante tres mandatos, por Esquerda Galega (87-91) e polo BNG (95-03).
Curso de Galego, publicado no xornal Faro de Vigo 1983-84.
Colaboración no Grande Diccionario Infantil, Edit. Marín S.A. 1985 (6 Volumes).
Colaboración no Dicionário da Língua Galega, Edit. Alhena 1986 (3volumes).
Colaboración no Comentário de Textos Literários, Edit. Alhena 1986.
Colaboración en Actividades de Expresión Oral e Escrita, Bahía Edicións 1990.
Colaboración en Actividades de Léxico 1, Bahía Edicións 1990.
Colaboración en Actividades de Léxico 2, Bahía Edicións 1990.
Colaboración en Actividades de Construción Gramatical, Bahía Edicións 1991.
Tradución do catalán de A Tuta e a Ramoneta, Cadernos da Escola Dramática Galega, 1984.
Tradución do alemán con Mª Ángeles Babarro, A historia de Moon, Edicións S.M. 1993.
Está casado desde xullo de 1978 e tén dous fillos nados en 1982 e 1985, respectivamente.
Actualmente traballa no IES Chapela, en Redondela.