Jesús Domingo Cubillo


Categoría: Médico e pintor
Data de Nacemento: En 1943
Lugar de Nacemento: Salamanca
 Currículum

Médico de profesión, formouse na Universidade de Salamanca e especializouse en Neuroloxía e Psiquiatría.

Vive e traballa en Galicia desde hai máis de corenta anos. Exerceu a súa profesión como psiquiatra en varios hospitais desde 1971 ata 2011, ano en que se xubilou no Hospital de A Coruña.

Sente paixón por dous campos ben distintos á súa profesión: a química e a pintura, á que se dedica intensamente na actualidade, ainda que a súa dedicación á pintura iniciouse na mocidade; nos anos de Universidade participou en varias exposicións colectivas de pintores universitarios, e en agosto de 1980 participou na Bienal Internacional das Artes Plásticas de Pontevedra.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:

-A súa primeira exposición individual realizouna en febreiro de 1981 na sala da Caixa Postal de Aforros da Coruña. 

-En novembro de 2008 expón a súa obra pictórica na sala de Portas Ártabras baixo o título “Naturezas mortas, construccións e paisaxes”, integrada por unha treintena de pinturas con diversos motivos entre os que destacaban as composicións con material de laboratorio de química, matraces, vasos, crisois, construcións industriais e paisaxes de territorios mineiros.

-En abril de 2013 regresa a Portas Ártabras con novas obras que expón baixo o título “Novas naturezas mortas, construccións e paisaxes”. Presenta unha treintena longa de pinturas de material de laboratorio, complexos siderometalúrxicos, altos fornos, poboados minieros, pozos e castilletes.

-A exposición “As cores do ferro” -abril de 2015, no Sporting Club Casino da Coruña- recolle o esencial da súa obra dos dous últimos anos. Significa unha ruptura coa liña anterior e, dalgún modo, un retorno ao tipo de pintura dos anos 1979 a 1981. Máis afastada da figuración e con maior énfasis na cor e a textura, tamén incorpora o que Fernando Mon chamou no seu día “materiais extrapictóricos” que, nesta ocasión son, ademais de madeiras, pezas metálicas máis ou menos oxidadas; todo iso unido á utilización preferente de pigmentos constituídos por óxidos e hidróxidos de ferro, que dan título á mostra.

- En 2018, volve a expoñer baixo o título 'Cores da terra' (sala do Colexio de Médicos da Coruña). Nesta exposición recolle a obra pictórica realizada nos últimos tres anos. Os seus cadros adquiren relevo e forma coa utilización de materiais recollidos da rúa, os montes e nas súas habituais visitas a minas antigas. O artista recolle materiais de refugallo e os devolve á vida transformados en arte.