José Luis Caamaño Castro


Categoría: Pintor e fotógrafo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Comeza a súa carreira artística ós catorce anos, ós quince recibe varias mencións especiais, en concursos de pintura realizados ó aire libre, así como algún premio en metálico e ós dezaseis preséntase a tres concursos de pintura ó óleo, gañando o primeiro premio do Certame de Artes Plásticas do Ministerio de Cultura e o primeiro premio do certame homenaxe a Picasso. Ten colaborado con diversos artistas plásticos como Gómez Pacios, López Guntín, José María Lugilde ou Paco Pestana e ten levado a cabo diversas exposicións de pintura individuais e colectivas. Mentres sigue cursando estudios artísticos, imparte clases nos cursos monográficos promocionados polo Ministerio de Cultura de gravado, tallado de vidro, decoración de cerámica, vitrais e policromía. Especializouse por conta propia na técnica do vitral, deseñando os seus propios vitrais e restaurando vidreiras de diversas igrexas e catedrais (Catedral de Lugo, Catedral de León, Mosteiro de Samos, etc.). Responsable do departamento de deseño artístico do vitral de “Unión Cristalera”, imparte clases da técnica Fussing e cursa estudios de soprado do vidro e outras técnicas no Centro do vidro de Barcelona e colabora en traballos de soprado de vidro en Palma de Mallorca. Ten colaborado con diversos artistas do vidro como Orfeo Quagliata (Oakiand.CA), Rodolfo Herrera Saldaña (México) e Ramón Pozo Fernández (España). Realiza tamén escultura artística en barro e bronce e é especialista en fundición á cera perdida.

 Obras realizadas

Ten realizado traballos de fundición á cera perdida para diversos escultores como Paco Pestana e para a Xunta de Galicia e colaborou especialmente en traballo de fundición á cera perdida cun profesor da Escola Massana. Traballa tamén diversas técnicas de modelado e moldeo para cerámica. Como especialista en serigrafía artística e industrial e calcomanía vitrificable, realiza bocexos e coleccións de serigrafía, colaborando incluso nalgunha revista de arte e estampación en diversas técnicas. Polo que respecta á fotografía, colabora con axencias de modelos, imparte cursos e realiza fotografía publicitaria, artística e de deseño de catálogos de moda. Ademais, ten realizado as seguintes exposicións fotográficas: Green Street (xuño 2004), Posición B (A Coruña, agosto 2004) e Revista Imagen e comunicación exemplar (xullo de 2004).

 Outros datos de interese

É director creativo en Área Gráfica, empresa dedicada ó deseño grafico e publicitario, e socio fundador e vicepresidente da asociación fotográfica “Posición B”, inaugurada en xullo de 2004.