Xabier López López


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 29 de xaneiro de 1974
Lugar de Nacemento: Bergondo (A Coruña)
 Currículum

Veciño de Betanzos dende 1993, este licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003) entidade editora da revista semestral "A Xanela", onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa. Colaborador asiduo de prensa e escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, céntrase primordialmente na novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.

 Obras realizadas

NARRATIVA

Biff, Bang, pow! (novela case negra), 1997, Sotelo Blanco.

Doutor Deus, 1999, Sotelo Blanco.

O caderno, 2001, Sotelo Blanco.

O mono no espello, 2002, Sotelo Blanco.

A estraña estrela, 2003, Galaxia.

A vida que nos mata, 2003, Galaxia.

Trinta e dous dentes, 2007, Galaxia.

Os libros prestados, 2010, Galaxia.

 

LITERATURA INFANTO-XUVENIL

A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira.

Cando Artur non era rei, 2012, Galaxia.

 Outros datos de interese

PREMIO

Premio Risco de Literatura Fantástica no 2001, por O caderno.

Premio Lueiro Rey de novela curta no 2002, por O mono no espello.

Finalista do Premio San Clemente de lectores novos, por O mono no espello.

Finalista do premio Losada Diéguez no 2003, por A estraña estrela.

Premio García Barros no 2003, por A vida que nos mata.

Premio da crítica española no 2003, por A vida que nos mata.

Finalista do Premio de Novela europea Casino de Santiago, por A vida que nos mata.

Finalista do premio Torrente Ballester no 2007, por Trinta e dous dentes.