Licenciado en Xeografía e Historia, Ciencias Sociais e Teoloxía, foi profesor de Socioloxía na Escola Universitaria de Relacións Laborais en Vigo e profesor de Xeografía e Historia nos Institutos de A Garda, Marín, A Guía (Vigo) e Mos, no que se xubilou. Participou na fundación das revistas "Encrucillada" e "Nova Galicia". Colaborou durante algún tempo con traballos de tipo histórico e xornalístico en publicacións como "Berriak", "Primera Plana", "Grial", "Mundo social", "Religión y Cultura", "Tiempo de Historia" e "Noticias Obreras", así como nos xornais Teleexpress, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e Avoi. Actualmente dedícase máis ben á investigación e ó ensaio. Colabora asiduamente na revista "A Taboada", publicada por asociacións culturais dos concellos de Cuntis e Moraña (Pontevedra).
Escribiu os seguintes libros: La Iglesia en la Galicia contemporánea: 1931-1936 (Madrid, ed. Aqal, 1978), en colaboración con Francisco Carballo, Quiénes somos los gallegos (Barcelona, Edit. Epidauro, 1979), Galicia: conflicto e supervivencia (Vigo, Castrelos, 1979), A Emigración (Santiago, Edic. Laiovento, 1999), O monte comunal en Galicia: unha historia de resistencia (A Estrada, Ed. A Fouce, 1999), en colaboración con Dionisio Pereira e outros autores, A obra educativa e cultural dos emigrados (Sada – A Coruña, Edicións do Castro, 2000) e A demografía na Galicia contemporánea 1900-1936 (Noia, Ed. Toxosoutos, 2003).