José Giraldez Maneiro


Categoría: Funcionario e político
Data de Nacemento: 24 de setembro de 1933
Lugar de Nacemento: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
 Currículum

Fillo de mestre, os seus estudios foron autodidactas, aínda que coa inestimable axuda de seu pai. Estando destinado en Villa Cisneros, realizou as probas de ingreso na universidade para maiores de 25 anos e estudiou Dereito na Universidade de La Laguna. En 1968, despois de traballar en xulgados de Galicia (Vilagarcía, Vila de Cruces e Rianxo), foi destinado como secretario ó xulgado de Bata (Guinea Ecuatorial), único xulgado na provincia continental. Dirixiu o proceso administrativo na época da descolonización de Guinea Ecuatorial (aprobación da Constitución e primeiras eleccións presidenciais e lexislativas). Unha vez evacuado o país, foi destinado a Dajla (antiga Villa Cisneros) no Sáhara Español, onde prestou os seus servicios ata 1976. Ó regresar a Galicia traballou na reconstitución do Partido Socialista Obreiro Español, fundando agrupacións locais en toda Galicia, especialmente na comarca de Arousa. Foi membro en varias ocasións da Comisión Executiva Galega do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, membro do Comité Federal do PSOE en dúas lexislaturas (máximo órgano do partido) e deputado no Parlamento de Galicia, por Pontevedra, durante doce anos.

 Outros datos de interese

En Guinea Ecuatorial realizou estudios de dereito consuetudinario das tribos fong, bujeba e combe.