Comezou a estudiar Medicina en Oviedo pero acabou a carreira e licenciouse en Santiago de Compostela. Despois de pasar varios anos no Corpo de Saúde Militar na Coruña, traballou como médico privado e estableceuse nesa cidade. No referente á súa actividade política, tívose que exiliar en Portugal durante dous anos. Regresou en 1868 despois do destronamento de Isabel II e tomou parte activamente no partido republicano. En 1873, chegou a ser ministro de traballo no goberno de Pi y Maragall pero despois do golpe de estado de Pavia, tivo que exiliarse de novo. Cando regresou á Coruña, participou na reconstrucción do partido republicano e levou a cabo unha importante actividade humanitaria. Fundou dúas escolas e tomou parte na fundación da asociación "Cocina Económica Coruñesa", ademais de se-lo seu presidente.
Á parte da súa actividade política, escribiu dous libros de poesía, un deles prologado por Emilia Pardo Bazán.
Foi presidente da asociación de médicos, da Academia de Medicina e Cirurxía e editor do boletín da asociación de médicos. Foi nomeado presidente honorario da Academia Galega.