Estudia Pintura e Debuxo baixo a dirección do pintor e escultor Alfonso Quinteiro, autor do monumento ó P. Salvador en Tui. Continúa despois en pinturas ó óleo e plumiñas e amplía a técnica co pintor Aurelio Lombera, discípulo de Zulnaga. Ten estudios de Maxisterio e Piano. É coñecida polos seus cadros ó óleo que reproducen porcelanas de Sargadelos e encaixes de Camariñas, o que fixo que a crítica a denomine "A Embaixadora de Sargadelos". Realizou múltiples exposicións individuais, todas elas reseñadas pola crítica como excelentes, tanto pola súa variedade temática como pola coidada técnica.
A súa obra encóntrase no Centro Galego de Bos Aires, México, Santo Domingo, Córdoba (Arxentina), Roma, Francia, Madrid, Barcelona, A coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Alacante, Vigo, Sevilla, Valencia, Xaén, Bilbao, San Sebastián, Santiago de Compostela, Palencia, Guadalaxara, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Melilla. Sobre a súa obra recolleron críticas Elena Flórez da Asociación Española de Críticos de Arte e académica da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Fernando Mon da Asociación Internacional de Críticos de Arte, García Sabell, Trapero Pardo, R. Maneiro, Xulio Xiz, R. Castells, Cristina Amenedo, Angel Padín, Chamoso Lamas, José Rey Alvite, T. Arán Trillo, Jerónimo Navarro, etc.
No libro Pintura Contemporánea de Galicia, escrito por Fernando Mon, editado en Agosto de 1987, figura Mª Dolores Caballero con dúas reproduccións dos seus cadros Casas Reales e Combarro. Un cadro de Mª Dolores Caballero ilustra a portada do libro de poesías Guardo tu caracola, escrito por Enriqueta Palacios, que obtivo o Premio "Jorge Manrique" 1992, convocado pola Casa de Palencia en Madrid, editado en 1994.