Argimiro López Rivas


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 13 de maio de 1932
Lugar de Nacemento: Paradela (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Teoloxía (Universidade de Salamanca), diplomado en Filosofía (Salamanca) e realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é cura nas parroquias de San Román, Santa Cruz da Retorta e Vilamaior en Guntín (Lugo). É o secretario da revista "LVCENSIA" e membro do consello de redacción de "Encrucillada". Foi cura no Incio (Lugo), secretario particular do bispo Ona de Echave, destacando 23 anos en América (Arxentina, Ecuador, EUA e Bolivia) como membro de OCSHA (Obra de Cooperación Sacerdotal Hispanoamericana). Foi docente na Universidade Católica de La Prata e no Instituto de Profesorado "Terrero" (Arxentina), redactor do xornal El Argentino e da revista "Actualidad Pastoral", vicepresidente da Editorial "Patria Grande" (Arxentina) e bibliotecario do Seminario de Lugo.

 Outros datos de interese

Á parte da nacionalidade española, tamén posúe a arxentina.