Rosa Álvarez Cabo


Pseudónimo:Rosa Álvarez
Categoría: Actriz
Data de Nacemento: 5 de outubro de 1950
Lugar de Nacemento: Carballeda de Avia (Ourense)
 Obras realizadas

Actriz desde o ano 1979, traballou nas seguintes compañías e espectáculos: TEATRO ARTELLO, de Vigo: (actriz e cofundadora): Tarará chis-pum, As nubes, A cantante calva, Mandatruco, Celtas sen filtro, Gulliver, F.M; CENTRO DRAMÁTICO GALEGO: Woyzeck, Os vellos non deben namorarse, O enfermo imaxinario, As alegres casadas, A casa dos afogados, Hamlet, Un soño de verán, Un refaixo para Celestina, Como en Irlanda, Lisistrata, O peregrino errante que cansou ó demo, O bufón de El Rei, Antígona e Eu estaba na casa e agardaba a que viñese a chuvia; TEATRO DO MALBARATE: Xogos de damas, Galicia S. L., Inventarios e Xogos á hora da sesta; MANIVELA PROD. : O auto do prisioneiro; TEATRO DO ATLÁNTICO: Casa de bonecas; ESPELLO CÓNCAVO: Vapores. En cine, actuou nas seguíntes películas: Esperanza, de Chano Piñeiro; Divinas Palabras, de J. L. García Sánchez; Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro; Martes de carnaval, de Pedro Carvajal; O baile das ánimas, de Pedro Carvajal; A noiva de medianoite, de Antonio Simón e La rosa de piedra, de Manuel Palacios Actuou como actriz invitada entre outras nas series "Pratos Combinados" e "Mareas Vivas" en varios capítulos.

 Outros datos de interese

Obtivo o premio á mellor interpretación feminina no 1º Festival Internacional de Teatro de Ribadavia. Foi finalista ó premio á mellor actriz no 1º e 2º Premios Compostela de Teatro e premio á mellor actriz no 4º. É membro fundador da Mostra de Teatro de Ribadavia e da Sala Carral de Vigo. Presentadora de numerosos actos culturais.