José Fernández Ferro


Pseudónimo:Ferro
Categoría: Deportista e empresario
Data de Nacemento: 11 de xaneiro de 1946
Lugar de Nacemento: Vigo
 Currículum

Foi xogador de baloncesto dos equipos Bosco, Estudiantes, M. Álvarez, C.R.C. e Ademar de Vigo. Adestrou ós equipos femininos Cluny e Carmelitas. Foi dúas veces seleccionado pola Selección Galega de Baloncesto. Entre os cargos que ocupou destacan: Presidente da Federación Galega Zona Sur de Baloncesto, presidente da Federación de Pontevedra de Baloncesto, presidente da Federación Viguesa de Baloncesto, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, encargado do Deporte Escolar e tesoureiro da Federación Provincial de Comercio e Asociación de Comerciantes de Vigo. Actualmente ocupa os cargos de: Vicepresidente 1º da Federación Provincial de Comunicación de Pontevedra, vocal da Confederación de Empresarios de Pontevedra e directivo da Confraría do Cristo da Victoria (vocal de Procesións).