Licenciouse primeiro en Filoloxía Hispánica (1993) e despois en Filoloxía Galegoportuguesa (1994), na Universidade de Santiago de Compostela.
Ten Másteres en “Estudios Literarios. Literaturas europeas comparadas" (2006-2008) pola UNED e a UCM, e en “Álbum Infantil Ilustrado" (2015) pola Escuela I con I.
É profesora numeraria de Lingua e Literatura Galega dende o ano 1996.
Traballou como lectora de Lingua e Cultura Galegas na Universidade de Rennes 2-Haute Bretagne entre 1997 e 2002, onde tamén realizou un DEA en “Langues et cultures étrangères et régionales". Nesta etapa na Universidade de Rennes coordinou os n° 1 e 2 de Cahiers Galiciens.
Publicou "Na procura do paraíso perdido. Viaxes imaxinarias e reais na obra de Álvaro Cunqueiro" (Deputación de Lugo, 2010) e ilustrou "A rula, o peluche e a nena" (Ed. Xerais).
Traduciu ó castelán "Dous homes ou tres", para a editorial SM e "Novas cousas de Ramón Lamote" para Anaya. Tamén ó francés e traducións deses idiomas ó galego.
Na capital da Bretaña recibiu clases de pintura e debuxo, e mesmo foi galardoada co primeiro premio nun prestixioso certame desa cidade.
Ten como afección, dende moi nena, o debuxo e a pintur
É membro de Prolingua, plataforma a prol da defensa e difusión da lingua galega.