Profesor de guión audiovisual na Escola de Imaxe e Son “O Raio Verde”, é presidente da Asociación Galega de Guionistas. Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, R.N.E., Antena 3, Radio Galega, T.V.G. e Tele 5.
Participou nos libros colectivos sobre temas audiovisuais Técnicas de escrita de guiones audiovisuales (2002) e Obradoiros de cine clásico (2003). Ademais, publicou as novelas O bebé máxico (2000), Do mar é a noite (2002, os poemarios Igor de Albatros en Selene (en colaboración con L. Braxe e J. Bejar, 1985), Taberna á deriva (2002) e estrenou as pezas teatrais Festa rachada (1985), Capadoras Castelao (2000), ¡Furga garabela! (2001), Praia na noite (2002), O soño de Ulises (2002) e Salitre (2003).