Ramón Patiño del Valle


Categoría: Mariñeiro
Data de Nacemento: 10 de abril de 1932 (†7 de maio de 1999)
Lugar de Nacemento: Vilaxoán (Pontevedra)
 Currículum

Tivo unha infancia difícil na posguerra. Dende moi rapaz traballou de mariñeiro, foi emigrante en Venezuela e en Alemaña. Cando regresou de Venezuela traballou de electricista. Foi un gran loitador pola Democracia. Ó remata-la dictadura franquista, o 26 de maio de 1976, funda con outros compañeiros a "Asociación de Veciños de Vilaxoán", sendo unha das primeiras que empezaron a actuar legalmente en España. Unha das moitas xestións que fixo foi a de escribir ó Ministerio de Cultura (Pío Cabanillas era o ministro) para que se lle concedera unha Casa de Cultura para Vilaxoán. O ministro contestoulle aprobando a súa petición.

 Outros datos de interese

Pertenceu e foi fundador da "Asemblea Democrática de Arousa", colaborou na fundación da "Federación de Asociacións de Veciños de España" e foi membro do Comité Central do P.C.G. Nas primeiras eleccións municipais democráticas de 1979 foi concelleiro polo P.C.G. en Vilagarcía. Por iniciativa da "Asociación de Veciños de Vilaxoán", o Concello dedicoulle unha rúa, aprobado no pleno por unanimidade o 31 de marzo do 2000. O 22 de xullo do 2000 fíxoselle unha homenaxe na rúa que leva o seu nome, descubríndose unha placa.