Aleixandre Lago Barcala


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 9 de setembro de 1992
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Nado en 1992, vive con seus país na aldea de Sésamo (Culleredo) ata 2010, cando marcha a Barcelona para estudar Filosofía na UB. Cursa o Grao (2010-2014) e anos despois o Máster (2016-17), rematándoo cunha tesina titulada “Mímesis y conocimiento en Aristóteles”.

É un dos fundadores da revista literaria do Colexio Maior Ramón Llull, “Occasus Ventus”, e do Seminario de Estudantes de Estética da UB. Tamén cursou estudos de Filoloxía Clásica na USC.

 Obras realizadas

Traballou como técnico e administrativo na compañía Teatro do Atlántico, e participou na elaboración artística e posta en escena do espectáculo poético musical “De Abrentes e Ocasos” (2018).

Publicou artigos literarios na revista dixital “Parafernalia”.

Traduciu do catalán o drama “Dúas donas que bailan” de J. M. Benet i Jornet.

Foi galardoado co Primeiro Premio no XV Certame de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo (2014).

É autor do libro de poemas titulado “Cartafol de Miraxes”, que resultou gañador no XLIV Certame Literario de Vilalba (2018).

Actualmente dedícase á creación literaria e a preparar oposicións para o profesorado.