Celso Dourado


Data de Nacemento: En 1960
Lugar de Nacemento: Barreiros (Lugo)

   Cultura
 Currículum

Á idade de 8 anos sofre un accidente que lle amputa ámbalas dúas mans, feito que marcará tanto a súa existencia como a propia obra.
Realiza estudos de Arte en Madrid, Lugo e A Coruña.

 Obras realizadas

Expón con regularidade a partir dos anos 80 e colabora como ilustrador nalgunhas publicacións.
A finais dos oitenta, inicia un proxecto que lle ocupará varios anos.
Este consiste na creación dun espazo persoal, realizado con materiais de refugallo na meirande parte e situado nas proximidades da praia das Catedrais. Albergará vivenda, obradoiro e unha exposición permanente.
A súa obra caracterízase pola utilización dunha figuración con tintes surrealistas, na que as mans son as súas protagonistas. Réndeselle un culto especial á liña en detrimento da cor. É de salientar o emprego de técnicas non habituais como son o pirogravado ou as “boligrafías” (grafías feitas a bolígrafo).
A súa derradeira exposición, foi unha retrospectivas, titulada “Arredor do debuxo”, celebrada no Museo Provincial de Lugo.