José Mª Seijas López


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: En 1949
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Empresario do sector do comercio desde 1981, é presidente da Federación Galega de Comercio desde 2001 e vicepresidente da Confederación Española de Comercio. Ademais, é membro da xunta directiva da Confederación de Empresarios de Galicia, así como da Comisión de Equipamentos Comerciais e o Consello Galego de Consumo, presidente da Federación de Comercio de Lugo desde 2001 e membro da xunta directiva da Confederación de Empresarios de Lugo, a Cámara de Comercio de Lugo, o padroado da “Fundación Ferias y Exposiciones” e da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo.

 Obras realizadas

Como presidente da Federación Galega de Comercio, exerce unha defensa incansable dos intereses do pequeno comercio de Galicia, participando en tódolos organismos onde se toman decisións que afecten ó sector. Participa nas reunións de redacción do Plan Cuadrienal de Modernización do Comercio Minorista de Galicia, así como na nova Lei de Comercio que se está ideando para o ámbito autonómico. Nese plan contémplanse campañas de promoción do pequeno comercio, o labor de profesionalización do sector a través dun ambicioso programa formativo e o labor de asesoramento e información en relación coas axudas para a informatización dos establecementos, a xubilación anticipada e a revitalización comercial dos centros das cidades, entre outras. En 2002, a Federación Galega de Comercio reuniu a máis de douscentos profesionais do sector de toda España e Portugal no III Congreso do Comercio Galego.