José Calvo Sotelo


Categoría: Político
Data de Nacemento: 6 de maio de 1893 (†13 de xullo de 1936)
Lugar de Nacemento: Tui
 Currículum

Estudiou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico da Coruña e posteriormente en Lugo. Despois realizou a carreira de Dereito e con 20 anos publica a súa tese de doutoramento La doctrina del abuso como limitación del Derecho subjetivo. En 1916 oposita a Avogado do Estado (conseguindo o número 1). En 1919 é elixido deputado (sendo reelixido dous anos máis tarde) e é nomeado gobernador civil de Valencia, cargo que ocupa ata 1922. Tralo golpe de estado de Primo de Rivera, é nomeado director xeral de Administración Local, sendo nomeado ministro de Facenda (1925). En 1931,coa II República, marcha a Lisboa e logo a París, regresando máis tarde e volvendo a ser elixido deputado.

 Obras realizadas

Publicou as obras: El proletariado ante el maurismo y el socialismo e Mis servicios al Estado. Seis años de gestión.

 Outros datos de interese

Foi elixido membro numerario da Academia de Lexislación e Xurisprudencia. En 1928 crea CAMPSA, o monopolio do petróleo.