Manuel Dopazo Gontade


Categoría: Gaiteiro
Data de Nacemento: en 1883 (†28 de abril de 1952)
Lugar de Nacemento: Lalín (Pontevedra)
 Currículum

Cando tiña só dez anos conseguiu o primeiro premio nun concurso de gaiteiros celebrado en Santiago de Compostela. Casado e con dez fillos viaxou a América e asentouse en Arxentina onde formou un importante grupo de gaiteiros dirixido por el mesmo. Fabricou tamén o seu propio instrumento e chegou a industrializalo en Bos Aires.

 Obras realizadas

Manuel Dopazo Gontade deu a coñece-la música popular galega por toda a xeografía arxentina. Percorreu, ademais, Uruguai e Brasil, onde gravou discos e filmou varias películas.