
CurrículumEstudiou Educación Primaria e Bacharelato en Ourense, onde ten como profesor a Otero Pedrayo. Posteriormente, estudiou Filosofía e Letras (Sección Historia), primeiro en Santiago e despois en Zaragoza. Incorporouse ó Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na revista Nós, que dirixía Vicente Risco.Foi membro do Seminario de Estudios Galegos, da Real Academia Galega e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Obras realizadasXaquín Lorenzo interesouse principalmente pola etnografía e o folclore galego. Percorreu toda Galicia recopilando información para o seu libro Etnografía. Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo.En 1930 publicou xunto con Florentino Cuevillas o libro Vila de Calvos de Randín. Publicou, ademais, outros traballos como Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular, La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense, Nosa Señora do Viso, La casa gallega, Cerámicas castrexas pintadas, Las habitaciones de los castros, O pastoreo na serra de Leboeiro, La capilla visigótica de Amiadoso, Deidades marianas en el Ourense romano, Vellas artes de pesca no río Miño, A casa, Distribucións dos xugos na Galiza, Metamorfosis dunha casa castrexa, La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós, Cantigueiro popular da Limia Baixa, Sobre algunos saludos en gallego...
Outros datos de intereseDedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2004.