Eduardo Toba Blanco


Categoría: Escritor e paisaxista
Data de Nacemento: 18 de setembro 1951
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 981272233
Fax: 981290700
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Funcionario do corpo de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos do Estado. Foi xefe da demarcación de costas do estado en Galicia desde 1987 ata 1997. Hoxe é xefe do Servicio de Planeamento, Proxectos e Obras na demarcación de estradas do estado en Galicia do Ministerio de Fomento. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, ós 22 anos. Foi relator do regulamento para o desenvolvemento da Lei de Costas do 88. Licenciado en Dereito, fixo estudios de doutoramento na U.N.E.D. no Departamento de Dereito Público, acadando sobresalientente. Grado II nos cursos de Posgrao de planificación e Administración de empresas da Universidade Politécnica de Madrid (Programación de Empresas, Estadística Empresarial, Contabilidade xeral e control de calidade). Na actualidade cursa estudios de Ciencias Políticas, na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía na U.N.E.D. É vicepresidente nacional da Asociación de Enxeñeiros de Camiños do Estado. É membro da comisión do sector público do Colexio Nacional de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

 Obras realizadas

Proxectou os paseos marítimos da Coruña (Riazor, Orzán, Orillamar, etc...). Proxectou a restauración da Torre de Hércules e o Parque Escultórico. Proxectou a rexeneración da Praia de Sta. Cristina (Oleiros), e fixo Riazor. Proxectou o metro lixeiro da Coruña (infraestructuras viarias) dentro do proxecto do Porto Marítimo de Orillamar e o carril-bici ata o Burgo. No seu tempo ó fronte da demarcación de costas en Galicia proxectáronse baixo a súa dirección máis de 300 proxectos de portos marítimos e praias. Participou como relator en numerosos congresos internacionais: Bordomer II (Bordeaux); a Rochelle; Kobe (Xapón) onde na 24 Conferencia Internacional falou da Praia de Santa Cristina e 28 Pianc, onde falou dos traballos do "Aegean Sea" na Sesión Técnica Española (Sevilla).
Paisaxista; poeta; dirixiu un curso da V.I.H.P. sobre o litoral. Autor de numerosos artigos sobre o territorio e as infraestructuras. É autor dos seguintes libros: La ciudad y el mar: un recorrido por los paseos marítimos, El jardín de Hércules: 14 escultores bajo la luz del faro (coautor), As costas e a súa problemática (coautor xunto a sete catedráticos de dereito administrativo), etc...