José Antonio Ferreiro Piñeiro


Categoría: Avogado e funcionario
Data de Nacemento: 9 de agosto de 1929
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

É licenciado en Dereito. Ocupou moitos cargos entre os que podemos destacar: Funcionario do Corpo Superior da Administración do Estado; membro da Asociación Internationale d'Experts Scientifiques du Tourisme (AIEST); membro de honra da Organización Mediterránea de Xornalistas e Escritores de Turismo (OMJET); delegado provincial do Ministerio de Información e Turismo en Toledo, Navarra, As Palmas de Gran Canaria, Baleares e Málaga; presidente do Grupo de Traballo da OMT sobre Condicións Mínimas dos Apartamentos en Europa (1985-86) e do Comité de Protección dos Turistas e Instalacións Turísticas (1987-88); director de Paradores de Turismo (rede de hoteis do Estado) e secretario xeral para o Turismo da Xunta de Galicia (1990-94). Director da Casa de Galicia en Madrid (1994-2000). Desde outubro 2000, Director Xeral do Consello Empresarial da Organización Mundial de Turismo.

 Obras realizadas

Como consultor da Organización Mundial do Turismo (OMT), realizou traballos de planificación, prioridades de política turística, clasificación hoteleira, regulamentación de axencias de viaxe e turismo rural en Guinea Ecuatorial, Sao Tomé-Principe, Jamaica, Illas Maldivas, Indonesia, China, Tanzania, Illas Virxes Británicas, Perú e Uruguai. Foi conferenciante de Asembleas de Turismo en Shangai, A Habana, Uruguai,Xapón e relator nos Congresos da Federación Española de Axencias de Viaxes en Cancún, Marrakesh e Cartaxena de Indias. Pronunciou a conferencia inaugural dos Congresos da Organizazión de Xornalistas e Escritores de Turismo do Mediterráneo (OMJET) en Túnez e O Cairo.

 Outros datos de interese

Foille concedida a Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e a Encomenda de Número do Mérito Civil de España. É Cabaleiro da Orde de Vasa, categoría especial, de Suecia. En Xullo de 2001, Medalla de Prata de Galicia.