Desde a súa época estudiantil, foi o pianista oficial do Instituto de Ensinanza Media Santa Irene de Vigo. Ten celebrado innumerables concertos, entre os que podemos destacar: Parlamento de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, El Escorial, Catedral de Santiago, Concello de Vigo, Club de Leones de Vigo, Universidade da Coruña, e en numerosos concellos de Galicia. Interviu en multitude de actos oficiais e benéficos, tomas de posesión de numerarios da Real Academia Galega de Belas Artes, homenaxes da Xunta de Galicia, asociacións de beneficencia,… Entre as súas actuacións máis recentes, cabe destacar o ter sido elixido como o pianista intérprete da música da película ‘El desenlace’, do Director Juan Pinzás.
Durante case vinte anos foi pianista e mestre concertador da ‘Coral Polifónica Casablanca’, ocupando tamén o cargo de subdirector de dita coral. Foi secretario e vicepresidente da Orquestra de Cámara de Vigo e gran impulsor da gaita en Galicia. Realizou a gravación da súa obra ‘Galicia inédita en el teclado’, unha seleción de famosas pezas do Cancioneiro galego armonizadas por el. Foi o realizador do único disco que gravou Álvaro Cunqueiro (1980) contendo toda a súa obra poética. Fundou a entidade musical Orpheo, da que foi director durante trinta e catro anos e coa que se levaron a cabo múltiples actuacións, conferencias, concursos, convencións, congresos nacionais e internacionais, doazóns, etc...
É membro da Sociedade Xeral de Autores de España, con numerosas composicións de carácter clásico e melódico, destacando o ‘Himno a Vigo’, ‘Farewell, Vigo’, ‘Pater Noster’, ‘Poema Final’, 'Consejos', 'Petición', 'Himno del Leonismo de España', 'Loa al peregrino', 'El último vals'...
Foi nomeado membro da Orde da ‘Gaita de Ouro’ polo Ministerio de Cultura en recoñecemento ós seus méritos. É membro de Sociedade Xeral de Autores de España (SGAE). Foi director de agrupacións musicais de folklore galego, obtendo os primeiros premios nacionais en Madrid. É socio de honra de Xuventudes Musicais. Ademais, é membro fundador de ‘Foro Musical’, membro do Plan Estratéxico de Vigo, na súa Comisión de Cultura en 1992 e membro do xurado en importantes certames e concursos. Posúe numerosos premios persoais e de empresa e o seu nome figura nas ‘Guías Culturais de Teatro, Música e Danza de Galicia’, editado anualmente pola Xunta de Galicia.