Abraham Pérez


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1990
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Graduado e mestrado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Cursou estudos de guionista.

 Obras realizadas

É autor de Fragmento/Creba (Editorial Galaxia, 2020) e de unha teoría para os espectros (Editorial Toxosoutos, 2021 ), o cal resultou gañador do 2º premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba. Varios dos seus poemas foron traducidos ao portugués e o castelán. No 2021 acadou o Accésit no XXV Certame de poesía Francisco Añón.

En castelán conta con dous títulos: o volume de relatos Esferas (Ediciones Oblicuas, 2017) e o poemario Materiales básicos de la carencia (Ediciones en Huida, 2018). Ten colaborado con distintos medios e revistas especializadas como Luzes, Praza Pública, Xistral, Dorna: expresión poética galega ou Tr3sreinos, entre outras.