Estudou Ciencias Económicas e Empresarias na Universidade de Santiago e fixo o doutoramento en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Vigo.
Profesor titor da UNED en Ourense.
Foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
Actualmente é deputado no Congreso e portavoz nacional do PP de Universidades.
Realizou actividade investigadora, traballos científicos, libros e monografías, así como diversas comunicacións e relatorios presentados en congresos.
Impartiu cursos e seminarios en diversas universidades.
Foi deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados en Madrid.
En marzo de 2009 foi nomeado Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e posteriormente pasa a ser Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ata o ano 2015.
Neste mesmo ano é elixido Alcalde do Concello de Ourense.