Vive actualmente entre Santiago de Compostela e o seu pobo, Laza.
Licenciada en Historia da Arte.
A súa afección pola escritura e as artes visuais levouna a publicar dous contos infantís: “O Conto dos Silencios” por Baía Edicións e “A Carreira de Sacos” pola Editorial Xerais e a colaborar con Jorge Morais na elaboración do guión da súa curta “O Pintor de Ceos”.
Tamén traballou esporadicamente no mundo dos debuxos animados como axudante de post produción coa produtora LIMAIA e fixo un par de carteis para dous eventos festivos.
Actualmente ten varios proxectos no tinteiro, entre eles novas colaboracións a nivel guión para as próximas curtas de Jorge Morais, e un libro de contos infantís que espera ver a luz no País Vasco para o mes de xuño.