Alicia Fernández Rodríguez


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: En 1987
Lugar de Nacemento: Escairón (Lugo)
 Currículum

Estudante de Filoloxía Galega, sendo aínda adolescente, gañou premios de poesía como o Francisco Fernández del Riego, Francisco Añón, Díaz Jácome, Ánxel Casal ou Minerva, entre outros. Participa en numerosos recitais poéticos e ten publicados poemas en diversas revistas literarias (A Caramuxa, A ciegas, Xistral…), así como no libro colectivo Sempre mar. Cultura contra a burla negra (2003). O seu primeiro poemario Botar o mar polos ollos (2005) foi editado por Edições Tema.